¡Lo más vendido!

Fabricantes

Sin marcas

Proveedores

No hay proveedores

Agrocebola, un ejemplo de diversificación en la comarca de A Limia

Agrocebola, un ejemplo de diversificación en la comarca de A Limia

Daniel Joga Calvo é un mozo que con apenas 21 anos tomou o relevo en Agrocebola, unha explotación agrícola familiar situada en San Pedro de Laroá, no concello ourensán de Xinzo de Limia. Empregan a 5 persoas de forma directa durante todo o ano, pero na época de colleita chegan a contratar a ata 40 traballadores agrícolas.

El é xa a terceira xeración de agricultores da familia: “Os meus avós xa botaban unhas 2 hectáreas de pataca. O meu pai, Camilo Joga, tomou o relevo e foi quen deu o gran salto adiante, ampliando a superficie de cultivo e apostado hai 15 anos pola diversificación co cultivo da cebola”, explica.

O seu foi un relevo imprevisto tras o repentino falecemento do seu pai, un dos grandes produtores agrícolas da Limia e un dos labradores máis innovadores e respectados da comarca. “Incorporeime hai un ano tras o falecemento do meu pai. Sempre me gustou a agricultura e traballar cos tractores polo que tiven claro que me quería dedicar a isto”, asegura.

“O prezo da cebola ten menos oscilacións que o da pataca e dános unha seguridade”

En Agrocebola cultivan unhas 70 hectáreas nos lugares de San Pedro de Laroá, Moreiras e Abavides, no concello de Xinzo. Delas entre 50 e 60 hectáreas levan pataca e plantan outras 15 cada ano de cebola, un cultivo con demanda e que na Limia atopa unhas condicións óptimas para o seu cultivo a gran escala.

A razón desta aposta por diversificar explícaa Daniel: “O meu pai empezou a cultivar cebola primeiro nunha cooperativa e logo de forma independente hai uns 15 anos porque vía que o seu prezo sufría menos oscilacións que o da pataca e proporciona unha seguridade”.

Para más inormación pinche aquí